A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, informa da actividade de teatro en galego, que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro, ás 19:00 horas, no Auditorio V Centenario de Baiona con entrada libre.

«O Rueiro das Liortas» é unha peza teatral da compañía «Elefante Elegante» que, dende a sátira, presenta o retrato dunha sociedade inzada de estereotipos de xénero e comportamentos sexistas. Basease na comedia do arte e no teatro popular para afondar nas relacións de parella e nas dificultades para manter vivo o amor.

Está dirixida a todos os públicos, a partir dos 8 anos de idade. Esta actividade ven da mán da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Baiona.