O portavoz do Partido Popular de Tomiño, Esteban González Miranda, mantivo no día de onte unha reunión co Xerente do Sergas na area de Vigo, Julio García Comesaña, para trasladarlle a problemática actual do centro de saúde da localidade e o malestar de moitos veciños despois de que “rumores” infundados sobre o peche permanente do turno de tarde séa o tema de actualidade.
«Na reunión mantida con Comesaña, se nos aclara que durante os meses de xullo a setembro debido as vacacións anuais dos facultativos e dúas baixas laborais, decidiuse de forma consensuada cos facultativos concentrar toda a actividade polas mañás e así diminuír o impacto na actividade, e asumir as consultas dos ausentes e os desprazamentos fora do centro como consecuencia das atencións requeridas polo 061», asegura Miranda.
«Hai que recordar», apunta o voceiro popular, «que o persoal do centro de saúde de Tomiño é de 6 médicos/as de familia, 6 enfermeiros/as de adultos, 2 pediatras e 2 enfermeiras de pediatría e 4 PSX (Persoal de Servicios Xerais) que prestan servizos en horario de maña e tarde con turnos deslizantes. Tamén prestan servizos 1 matrona, 1 Técnico de Coidados de Enfermería en turno de maña«.
O portavoz popular preguntou por canto tempo se vai manter esta situación; «e se nos confirmou que despois de manter unha reunión no mes de setembro no centro de saúde de Tomiño, decídese continuar coa centralización no mes de outubro inda que unha das dúas baixas xa está cuberta. Tamen fixemos fincapé na necesidade de subsanar esta situación; coa previsión do Sergas de que no mes de novembro o centro recupere a súa actividade pola tarde tras cubrir a praza pendente e das IT, e así desmentir as afirmacións das últimas semanas de que Tomiño perdería de forma permanente as consultas polas tardes«.
“É lamentable que se intente contaminar a opinión pública con mentiras cando a realidade da sanidade e moi distinta. Non podemos desprestixiar o noso ben máis valioso co único fin de sacar rédito político, lamentando que por parte do concello non se moveu nin un só dedo en aclarar esta situación” finaliza o portavoz popular.