Joven Orquesta Promúsica de Málaga

O Concello de Nigrán ofrece este domingo, ás 21:00 horas aos pés do Templo Votivo de Panxón (campo de fútbol do CPI Arquitecto Palacios), unha cita máis do festival ‘Peregrinos Musicais’ a cargo da Joven Orquesta Prómusica de Málaga, que interpretará grandes musicais da historia do cine.

A formación dará vida a unha ducia temas moi coñecidos de películas como ‘La, la, Land’,’Cabaret’, ‘Mary Poppins’, ‘Mamma Mía’, ‘La bella y la bestia’, ‘Cats’, ‘El Rey León’, ‘El mago de Oz’, ‘West Side Story’, ‘Los Miserables’… A entrada é de balde.

A orquestra, premiada internacionalmente, está formada por preto dun cento de instrumentistas de corda, a solista Alicia Naranjo, o tenor Diego Morales e o pianista Mario Campoy, dirixidos por Javier Claudio.