El Atl. Guardés celebra su victoria en el derbi gallego
TAMARA ALONSO // Estela Doiro celebrando un gol ante el Porriño en el pabellón de A Sangriña

A décima edición Torneo IV Nacións feminino celebrarase os días 9 e 10 de xuño no Porriño coa participación de Cataluña, Euskadi, Galicia e Guinea. Ademais, o día 8 (20:00 horas) celebrarase un partido amigable, tamén no Porriño, contra a selección de Guinea.

Este torneo se celebra dende hai dez anos, con sedes alternas en Galicia, Euskadi e Cataluña. Á última edición celebrouse en Granollers a finais de 2016 e Galicia proclamouse vencedora, tras gañar na final a Euskadi.

O seleccionador Abel Estévez deu a coñecer a convocatoria para este torneo. O BM Porriño é o club que maior número de xogadoras aporta para a selección galega (seis) e xunto a elas estarán deportistas do Mecalia Guardés (Estela Doiro Rodríguez e Anthía Espiñeira), Carballal, BM Castellón, Logroño Sporting la Rioja e SAR Rodavigo. Galicia xogará a semifinal o sábado 9 ás 18:00 horas contra Guinea, mentres que Cataluña e Euskadi xogarán o primeiro partido (16:15 horas). A final está prevista para o día 10 ás 12:00 horas.

Clinic. Ademais, aproveitando a presenza en Galicia do seleccionador guineano, Clement Petit, a dirección técnica da Federación organizou un clinic para adestradores de balonmán, que se celebrará o día 8 de xuño . O seleccionador Petit ofrecerá unha charla sobre «A fortaleza da defensa francesa».