Los bomberos de Porriño organizan una jornada solidaria a favor de SOS Tomiño-Baixo Miño
CEDIDA // Imagen del parque de bomberos de O Baixo Miño, en O Porriño.

O Pleno do Parlamento de Galicia rexeitou a iniciativa popular non lexislativa na que se lle instaba á Xunta de Galicia á creación dun Parque de Bombeiros no Val Miñor polos votos en contra do Partido Popular.

A iniciativa pedía en concreto que dito parque fora de xestión pública directa con base nalgún dos Concellos da Comarca do Val Miñor, e que se integrara o actual persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Mancomunidade do Val Miñor.

Durante o debate tanto o Partido Popular como o BNG presentaron dúas emendas que foron rexeitadas polo grupo parlamentario de En Marea tras consultar cos promotores de dita iniciativa, xa que supoñían dilatar indefinidamente os prazos para a creación do parque.

Eva Solla Fernández, que foi a deputada encargada de defender a iniciativa, resaltou a necesidade desta infraestrutura para a comarca do Val Miñor, e que a veciñanza do Val Miñor demanda de tódalas institucións con competencias na materia que se deixen de pelexas institucionais e se poñan a traballar en conseguila.

A Iniciativa popular que foi asumida e defendida polo grupo de EN MAREA, contou cos votos favorábeis do PSOE e a abstención do BNG.

Os promotores da iniciativa, concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU-Son Baiona e membros de colectivos sociais do Val Miñor, lamentan a pouca sensibilidade do Partido Popular, ao non apoiar a iniciativa, xustificando a súa negativa a apoiar a moción dedicandose a criticar á presidenta da Deputación de Pontevedra e ao BNG, como se esa fora a solución aos problemas da veciñanza do Val Miñor.

Estas disputas estériles, que xa se puxeron de manifesto cando no Pleno da Deputación debateuse o apoio a esta iniciativa popular, no que o PSOE e BNG votaron en contra so demostran a incapacidade do goberno da Xunta e da Deputación, para facerlle fronte a esta demanda da comarca, sinalan os promotores.

Para finalizar, a Comisión Promotora, formada polos concelleiros de Gondomar Concello Aberto, Nigrán Decide e EU Son Baiona, así como representantes de colectivos sociais, quere agradecer á veciñanza do Val Miñor  a acollida que tivo esta iniciativa e a súa colaboración nesta campaña, así como a defensa da proposta que fixo a Deputada do grupo parlamentario de En Marea Eva Solla Fernández, sinalando que seguiran traballando para levar a cabo esta infraestrutura tan necesaria para a comarca.