Cerca de 4.000 personas asistieron al “Vive Nigrán”
VIVE NIGRÁN (Archivo)

A segunda edición do festival “Vive Nigrán”, un dos RíasBaixasFests da Deputación de Pontevedra, baixou o pano superando todas as expectativas. O festival recibiu a máis de 5.000 visitantes durante as dúas xornadas deste festival polo que pasaron artistas e grupos como Nathy Peluso, De Pedro, Maryland, Cala Vento, Sidonie, The Limboos e Mueveloreina, entre moitos outros, o que supón un incremento do 25% respecto á primeira edición.

O “Vive Nigrán 2018” volveu a ser un “Pícnic Pop Festival” no que a diversión foi a tónica dominante da fin de semana. Durante as dúas xornadas, amais das numerosas actuacións musicais organizáronse un foro cultural con importantes profesionais do sector da música e diferentes actividades infantís.

En canto ás iniciativas que a institución provincial puxo en marcha durante o festival en prol da igualdade e do respecto ao medio ambiente a presidenta da Deputación subliñou o seu éxito. Neste contexto, Carmela Silva destacou que durante a xornada do venres púxose en marcha un stand informativo dende o que se espallaron as campañas “Conta comigo. Eu respéctote” e “Lembra. Eu decido. Ti respectas”, polo que pasaron preto de 500 persoas das cales o 58% foron mulleres e o 42% homes.

Desde este stand repartíronse 600 gorros, 700 pegatinas e 500 dípticos para previr casos de violencia sexual por submisión química e outros 500 para concienciar sobre o consentimento e a importancia de respectar o corpo alleo.

A presidenta provincial tamén valorou moi positivamente a aposta da Deputación pola sustentabilidade coa campaña “Somos historias. Somos sostibles”, que permitiu repartir en soamente cinco horas do venres preto de 1.500 ecocabichas.