Esta mañá, deuse a coñecer o dispositivo especial de tráfico para o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que se vai celebrar na Guarda entre o 11 e o 14 de xullo.

O dispositivo de tráfico está deseñado sobre a base dunha circulación restrinxida na zona do porto, onde se desenvolverán as principais actividades do «Encontro».

O concello facilitará zonas de aparcamento disuasorios situadas no antigo campo de fútbol, o aparcamento sito entre a Rúa Mariano Ordoñez e a Rúa Brasil, coñecido como da «Eléctrica», a zona de aparcamento sito na zona da Atalaia e a Canteira de Sta. Catalina.

O acceso ao porto da Guarda restrinxirase, entre as 11:00 e as 22:00 horas, ás actividades portuarias e pesqueiras, residentes, hoteis, provedores, así como a persoas con discapacidade.

O teniente Alcalde da Guarda e concelleiro de mobilidade, Anxo Baz, fai un chamamento á colaboración de todo o pobo. Baz, indica que o “XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, supón un dos eventos máis importantes en termos de mobilidade celebrado nos últimos anos na nosa vila, onde é imprescindíbel o uso responsábel do coche, así como, a participación cidadá. Preparamos un dispositivo amparado nos 14 anos de experiencia que Culturmar ten na celebración deste tipo de eventos, onde a Asociación Piueiro e o voluntariado teñen posto grandes esforzos humáns e técnicos, os cales agradecemos, para garantir o disfrute de todas aquelas persoas que nos visitan”.