Ángel Baz na zona da Xunqueira

O BNG presentou unha iniciativa no rexistro do Concello da Guarda na que se insta ao alcalde a procurar unha solución definitiva aos problemas de saneamento que hai na Xunqueira, na zona do camping.

“As deficiencias na rede de saneamento nesa zona, fai que chegue a desbordar as arquetas, saltando as tapas de rexistro literalmente polo aire, xerando vertidos, cheiros insoportábeis, e riscos para os viandantes e para o medio natural“, sinala Ángel Baz, voceiro municipal do BNG.

Unha degradación ambiental e turística que se une á desfeita dos areais da Lamiña, que evidencia o desleixo e falta de seguimento das administracións competentes. Cumpre atallar urxentemente esta situación”, comentou Baz, .

O BNG lembra que estamos ante unha zona de especial protección ambiental, polo que as administracións públicas deberan poñen un especial interese no seu coidado e preservación.

O concello ten a obriga de velar pola boa conservación e mantemento do rico patrimonio natural guardés dado que é un recurso turístico de primeiro nivel. Non é só presumir de premios, é manter as condicións para ser merecedores dos mesmos”, sinala Ángel Baz.