Os arquivos municipais de Valença e Tui desenvolveran unha actividade conxunta para conmemorar a celebración do Día Internacional dos Arquivos no ámbito do Eurocidade Tui – Valença.
Trátase dun Obradoiro de preservación e conservación de documentos en papel que será impartido no Arquivo Municipal de Tui por persoal técnico do Arquivo Municipal de Valença. Este obradoiro celebrarase o vindeiro xoves, 6 de xuño, a partir das 10:00 horas cunha duración aproximada de catro horas.
Está dirixido a persoas interesadas na conservación de documentos históricos en papel e o único requisito que deben cumprir os participantes é que deben aportar o documento en papel da súa propiedade sobre o que se vai traballar neste obradoiro.
A inscrición gratuíta e limitada (por orde de inscrición) debe realizarse enviando o modelo de inscrición ao correo electrónico: arquivo@tui.gal.