A Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM) e baixo o goberno da concelleira Nuria Lameiro Valverde, pon en marcha un ciclo de charlas-obradoiros.

Un deses obradoiros é «Xestión de Emocións en Familia«. Unha charla que será impartida o vindeiro 3 de maio, ás 19:00 horas no Centro Neural, por Rebeca Bastón, terapeuta familiar e psicóloga, que nos falará da familia, “que non deixa de ser o noso refuxio, onde sentimos o amor, o apoio e a seguridade necesarias para o bo desenvolvemento de todas as facetas da nosa vida persoal, social, educativa e profesional. Como nais e pais, preguntámonos que é o que estamos a facer mal ou que é o non estamos a facer ben”, sinala a terapeuta.

Non será necesario facer unha inscrición previa pero hai que dicir que o aforo será limitado, segundo as características da sala.

Para calquera dúbida os/as interesados/as poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, nos teléfonos 986 389 355/986 360 224 ou no seguinte correo electrónico: aio@concellodegondomar.com