CICLISMO OIENSE

O Concello de Oia, coa colaboración de Ciclismo Oiense e a Secretaría Xeral do Deporte da Xunta de Galicia, celebra hoxe en Oia a festa da bicicleta. A saída será ás 17.30 horas dende o Mosteiro.

Dirixido ás familias, o percorrido será de 10 km, con dificultade baixa, e discorrerá polo carril bici dirección a Guarda e regreso a Oia, pasando a Capela de San Sebastián.

É obrigatorio o uso de casco para garantir a seguridade, así como seguir as instrucións dos organizadores. Haberá un avituallamento líquido para os participantes.

Antes da saída se entregará a cada participante un dorsal, e o finalizar a proba se lle obsequiará cunha gorra e con o número do dorsal se participa no sorteo de dúas bicicletas, camisetas e varios agasallos.