A Demarcación Provincial de Costas e o concello de Nigrán acaba de rematar a construcción do acceso á Praia de Arribas Blancas, en Monteferro.

Trátase dunha gran escada de madeira con pasamáns que salva a pendente de acceso a unha das praias con máis encanto de Nigrán.

Do mesmo xeito, o concello de Nigrán ven de rematar a reparación integral das rampas de acceso as praias da Cansadoura e Patos co fin de conseguir máis seguridade e accesibilidade aos seus areais.