RUBENS // Retroexcavadora del Concello de Oia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a segunda concesión de subvencións do Plan Concellos 2020 correspondentes á Liña 3 de Emprego, cunha achega de 1.200.863 euros para dez concellos da provincia.

En concreto, como avanzou a presidenta Carmela Silva, esta consignación permitirá aos concellos de Oia, Arbo, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Fornelos de Montes, Marín, As Neves, Portas, Rodeiro e Salvaterra de Miño contratar un total de 130 traballadores municipais.

As persoas contratadas dedicaranse a traballos de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais e son os propios concellos os que solicitan os postos a cubrir a través destas subvencións.

Así, Oia empregará a 8 persoas en tarefas forestais, recollida de lixo, albanelería e maquinaria forestal.