O alcalde de Nigrán, Juan González, e a xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, fixeron entrega esta mañá do premio como finalista internacional de debuxo dixital infantil ‘Investigadores da auga’ a Oliver Mariuzza Pazos, alumno de 5º de Primaria do CEIP da Cruz (Camos).

O rapaz recibiu un smartwatch e unha mochila grazas ao seu traballo ‘Investigación de los criminales del agua’.

Nesta edición do pasado curso 2018/2019, mantendo a aposta por potenciar a creatividade dos máis pequenos e pequenas, e intensificando aínda máis a súa función didáctica, Aqualia convidou aos escolares de 3º e 4º de Primaria de España e Portugal a converterse en investigadores, pescudar de onde vén a auga que consumen cada día e onde vai despois de utilizala.

A través do microsite «Investigadores da auga» facilitou a participación e o acceso libre do profesorado e do alumno á zona de desenvolvemento creativo e a sección ‘Aprende’, dotada de materiais educativos cos que ampliar o seu coñecemento.

Debuxo de Oliver Mariuzza: