Club Bolos Iniciadora

Finalizados os campionatos de liga galega de bolos celta, os clubs Xunqueira en primeira división, o club bolos Mañufe en segunda e o club bolos Iniciadora en terceira, son os novos campións da liga galega de bolos celta nas súas correspondentes divisións.

Así, en primeira, o club Xunqueira proclamouse campión, descendendo a segunda división os clubs Peitieiros e Vilachán.

En segunda o campión é o club de bolos Mañufe, que ascende a primeira xunto o club de bolos O Sobreiro. Descenden a terceira división, os club Portameán A e o club Forcadela.

En terceira división. o campión de liga foi o club Iniciadora, que ascende a segunda división xunto co club bolos Baredo. Dende a Federación felicitan a todos os equipos participantes no campionato de liga e especialmente os equipos campións en cada unha das divisións.

Club Bolos Mañufe
Club Bolos Xunqueira