Santa María de Oia
ALFREDO // Vista de Santa María de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou que a comarca do Baixo Miño recibe ao ano preto de 1,8 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local (FCL) para obras e servizos da súa competencia. Unha cantidade á que hai que sumar outras liñas de axuda e subvencións das distintas consellerías, así como a dotación correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.

Así, os municipios da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui recibiron nos últimos catro anos 7,2 millóns de euros procedentes do FCL, que se abona en 12 mensualidades e a mes vencido. En canto a fórmula de distribución, o reparto faise en base a criterios obxectivos pactados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Concretamente, atendendo á fondo base os concellos do Baixo Miño recibiron no último ano:

Concello 

  • A Guarda: 331.447,19 euros.
  • Oia: 186.275,12 euros.
  • O Rosal: 282.750,43 euros.
  • Tomiño: 475.717,35 euros.
  • Tui: 512.639,35 euros.