La nueva agrupación de Protección Civil de O Rosal

Un total de 12 persoas conforman a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Rosal, os cales, participaron ó longo do ano 2018 en máis de 100 operativos entre os concellos de O Rosal, A Guarda e Oia. 

Os operativos, solicitados na meirande parte polo Servizo de Emerxencias 112, foron de diversa índole; accidentes, eventos deportivos, animais abandonados, retirada de troncos polo río Miño, incendios, etc.

Hai que destacar o operativo da balea barada na costa de Oia a finais de decembro, que supuxo o valado e control do acceso de persoas á zona.

Durante o ano en curso esta agrupación seguirá prestando os seus servizos de colaboración de xeito altruísta.