IEM // Eduardo Méndez Quintas

O Instituto de Estudos Miñoráns(IEM) organiza o vindeiro venres 30 de xuño, ás 20:30 horas, o faladoiro “Pasado e presente no coñecemento das primeiras ocupacións humanas de Galicia”.

O faladoiro esterá impartido por Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e doutor en Evolución Humana e membro do IEM, que se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.