A Wikipedia é unha enciclopedia colaborativa que medra en base ás achegas voluntarias de numerosas persoas.
Nesta charlai ntrodutoria, que se celebrará este venres as 20:00 horas no local «aula ponte de rosas» do IEM en Gondomar, coñeceremos como funciona, falaremos da súa fiabilidade, e aprenderemos a editar de diversas formas, xa sexa creando contido, actualizando información, corrixindo erros ou subindo fotografías. Farémolo con exemplos diversos, moitos deles relacionados co Val Miñor.
Na sesión estará presente Adrián Estévez (Pontevedra, 1983), usuario da Galipedia desde 2007. Mestre e filólogo, participou en numerosos obradoiros e conferencias relacionadas coa Wikipedia.