Los “Muiños de O Folón e O Picón” declarados Patrimonio Cultural Inmaterial de la UNESCO
Muiños de O Folón e O Picón no Rosal

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o decreto de ampliación da delimitación dos muíños do Folón e do Picón, sitos en Santa Mariña, no concello do Rosal, como Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de lugar de valor etnolóxico.

O Decreto 27/1998, do 22 de xaneiro, que declaraba ben de interese cultural, con categoría de lugar de interese etnográfico, os muíños do Folón e do Picón non recollía a totalidade de muíños deste ámbito, senón só os 36 asociados ao río Folón. A ampliación da delimitación do BIC suma o grupo de 31 bens vencellados ao río Picón, até un total de 67 muíños incluídos no BIC. A aprobación deste decreto permite así corrixir unha disfunción da declaración orixinaria, garantindo o mesmo nivel de protección para a totalidade de muíños.

Cómpre subliñar que a formación en serie dos repetidos muíños, dispostos en diferentes ringleiras, posúe un valor estético sobranceiro e resulta unha boa mostra de como unha instalación para aproveitar e explotar os recursos naturais pode reunir en si beleza e utilidade, ademais dun enorme potencial identitario relacionado coa historia da moenda, na cal participa toda a comunidade.