Os Reis Magos chegarán a Oia durante toda a xornada do domingo e percorrerán as distintas parroquias do municipio na tradicional cabalgata. As súas maxestades de Oriente irán facendo paradas no seu camiño para visitar ás nenas e nenos e constatar o ben que se teñen portado no último ano.
A comitiva real fará a súa ruta levando festa, ledicia e ilusión por cada recuncho do concello. O percorrido e horarios serán os seguintes:
Pola mañá:
- A Portela (11.00h).
- Mavia (11.30h).
- Acevedo (12.00h).
- Loureza (12.30h).
- Burgueira (13.00h).
- Torroña (13.30h).
Pola tarde:
- Viladesuso (15.00h).
- Pedornes (15.30h).
- Baixada ao Mosteiro de Oia coa Rondalla de Mougás (16.00h).
- Panxoliñas na Igrexa de Sta. María de Oia (16.15h).
A recepción aos Reis Magos celebrarase no CEIP Mestre Manuel García (17.30h), onde tamén se fará a entrega de premios aos gañadores do concurso escolar de debuxo “Un Nadal feliz en Oia”.
Desde alí o percorrido continuará ata chegar á Casa Cultural de Mougás (19.15h), onde terá lugar o fin de festa.
