Este domingo, como cada novembro dende o ano 1985, terá lugar o tradicional magosto que celebra o PSdeG–PSOE A Guarda na Alameda da vila.
Dende ás 17.00 horas baixo a carpa, haberá actividades para os máis cativos e música tradicional en directo, ademais das tradicionais castañas asadas.