CEDIDA

Na mañá do mércores día 12 de xuño, Elena Álvarez Pérez, concelleira do Concello de Oia polo PSdG-PSOE, participou na estrada PO-552, xunto con membros da Asociación Naturalista do Baixo Miño ANABAM e do Centro Social O Fuscalho, na protesta contra o emprego de glifosato para a limpeza das marxes das estradas.

Un grupo de persoas impediron o avance da maquinaria que estaba a empregar este produto, un herbicida altamente contaminante e prexudicial para as persoas e tamén para a fauna e a flora.

A pesares de terse aprobado no municipio de Oia unha moción na que se rexeitaba o emprego deste tipo de produtos para a limpeza das estradas, novamente a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, continuaba facendo caso omiso a este acordo plenario.