Gerardo Rodríguez

«Os Socialistas de Oia continúamos dando a coñecer parte do traballo feito dende a oposición dende o ano 2019, non deixando nin un momento de defender as carencias e necesidades que afectan aos veciños do municipio», indican os socialistas.

Din que «despois dunha primeira entrega na que se valorou o traballo realizado ao longo do ano 2019, agora toca facer balance do realizado no ano 2020. Entre as principais cuestións tratadas neste ano destacan temas como o saneamento, un problema que xa ven de lonxe como queda de manifesto e polo que aínda queda moito que facer, ante a pasividade e inacción do goberno de Cristina Correa».

Nun ano marcado pola crise sanitaria da COVID-19, os Socialistas de Oia tamén se amosaron partícipes e tenderon a man ao «goberno municipal para axudar en todo o que se puidese, dando tamén atencións aos veciños e veciñas de Oia nas súas necesidades diarias, reclamando axudas para as empresas e empresarios locais, entre outras», aseguran.

«Os problemas de atención sanitaria en Oia deron lugar á baixa do servizo de pediatría, o que motivou que os pacientes tivesen que ser derivados a concellos limítrofes, co conseguinte malestar da veciñanza, dende Os Socialistas de Oia tamén fixemos diferentes accións para esixir ao SERGAS a recuperación deste servizo, esencial para o noso concello», apuntan.

Segunda entrega, ano 2020.