O pasado xoves, 19 de setembro, celebrouse en Tomiño o Pleno Ordinario correspondente ao mes de agosto. A voceira do grupo Municipal Socialista, Violeta de Santiago, formulou diversas preguntas ao Goberno municipal, entre elas, a situación das obras no Campo do Alivio, “por ser un tema que preocupa moito a veciñanza e que pese a estar adxudicadas dende o día 6 de marzo continúan a día de hoxe  totalmente paralizadas”.

Constatamos que este Goberno é especialista en botar pelotas fora, pois todas as responsabilidades recaen sobre todos os demais implicados sin asumir eles absolutamente ninguna”, sinala a voceira socialista.

Citan a directiva do clube” apunta, “por solicitar melloras no proxecto inicial, a Deputación de Pontevedra, a empresa adxudicataria, pero o certo é que a día de hoxe a situación empeza a ser insostible e os socios/as, xogadores/as e directivos/as reclaman solucións urxentes, pois a crise económica derivada de non poder explotar a cantina, únese a grave perda que supuxo ter pechado o campo nas festas do Alivio, ao que hai que engadir o risco de padecer unha crise deportiva e incluso social”.

“Á miña pregunta no pleno polos prazos para o remate da obra nin Concelleiro de deportes anterior nin o actual souberon ou quixeron dar unha resposta. Hoxe sabemos que entre outras cousas, ainda está sin asinar a ampliación do proxecto”, asegura De Santiago.

“Os Socialistas de Tomiño consideramos que o apoio do Deporte non pode consistir tan só na celebración dunha Gala anual, ou na publicación de fotos loubándonos de cando mola Tomiño. O C.F. Tomiño ten un serio e grave problema e non merece que a contestación para zanxar o debate sexa un irónico «As obras son así», finaliza a voceira socialista.