ALFREDO // Marcelli en el puerto de A Guarda

O Concello do Rosal organiza un recibimento oficial ao recente Campión do Mundo de Trial 2, Gabriel Marcelli, para toda a veciñanza. Será este venres 27 de setembro ás 20:00 na Praza do Calvario.

«É un orgullo e un motivo de celebración ter no noso pobo un Campión do Mundo coma é Gabriel. Calquera recoñecemento vaise quedar curto, mais queremos, cando menos, recoñecer o gran éxito acadado por este xove rosaleiro que con moito traballo e esforzo hoxe é Campión do Mundo para que toda a veciñanza poida ter tamén a oportunidade de compartir e celebrar este logro histórico”, afirma a alcaldesa do Rosal, Ánxela fernández.