José Carlos Martínez Crespo

José Carlos Martínez Crespo, Candidato á Alcaldía do Rosal polo PSdeG-PSOE valora o apoio recibido nos comicios electorais deste pasado domingo.

O PSdeG-PSOE do Rosal non foi a lista máis votada nestas eleccións, pero logrouse manter o mesmo número de concelleiros que nas pasadas eleccións do ano 2019, un concelleiro cun total de 455 votos, o que significa un 12.02% do total de votos rexistrados nesta pasada xornada electoral.

Para José Carlos é importante agradecer a todas as persoas que amosaron o seu apoio ao PSdeG-PSOE, «así coma tamén agradecer o labor dos membros da candidatura, pola súa ilusión e esforzo, aos veciños e veciñas que nos acompañaron, amigos, coñecidos… en definitiva, a gran familia socialista do Rosal».

Aproveita tamén esta ocasión Crespo para dar os parabéns ao PP e BNG polos datos obtidos nos comicios electorais.

Xa para rematar, José Carlos Crespo, salienta que continuará defendendo os intereses dos veciños e veciñas do Rosal, «apostando polo progreso e mellora da súa calidade de vida, indicando que manterá reunións cos representantes do PP e do BNG para analizar a situación tralos resultados electorais, sen maioría absoluta, para ver posibilidades de chegar a acordos, sempre tendo por premisa o compromiso asumido de traballar polos  veciños e veciñas do Rosal».