ALFREDO

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentará na Comisión de Sanidade, que se celebra mañá xoves, a partir das 10:30 horas no Parlamento de Galicia, unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que garanta a plena asistencia sanitaria en Atención Primaria no Centro de Saúde da Guarda.

Tamen solicitará un novo equipo de profesionais para o PAC e que reciba aos concellos do Baixo Miño para tratar as eivas na sanidade da comarca..