ALFREDO

O Concello de Nigrán sitúase á vangarda de toda España nas políticas públicas de accesibilidade sensorial trala adquisición de cinco mochilas vibratorias dirixidas a que persoas con discapacidad auditiva poidan gozar da música, dun espectáculo, cine ou teatro.

Esta novidosa tecnoloxía que transforma o son en vibracións estreouse en España nas derradeiras actividades de Nadal do Ayuntamiento de Madrid e agora é Nigrán o segundo municipio do país en adquirilas para uso público e gratuíto, sendo o festival ‘Chan de Folk’ deste sábado (Chandebrito, 21:30 horas) con Roi Casal co espectáculo ‘Son galego, son cubano’ o punto de partida.

A adquisición, cun investimento de 10.000 euros, forma parte do programa de goberno municipal ‘Un Nigrán para todos’ co que se traballa para eliminar as barreiras físicas e sensoriais na localidade.

As diferentes vibracións que transmite esta tecnoloxía de orixe francés e creación recente son transformadas grazas aos audios que reciben dende un equipo de son que conta cun transmisor UHF.

Ademais, as persoas xordas que teñen próteses auditivas (implante coclear e/o audífono) non só sentirán as vibracións, se non que tamén poderán escoitar con maior nitidez os sons ou a música a través dun lazo inductivo. As mochilas poden ir cargadas á espalda ou no peito e permiten que o usuario se poida desplazar libremente polo recinto ao ser completamente inalámbricas.

As persoas con discapacidade auditiva interesadas en probalas deben solicitar o seu uso enviando un mail a comunicacion@nigran.org (o punto de recollida e entrega será na cantina da propia carballeira, onde deberán deixar o DNI e encher un formulario no que se comprometen a devolvelas en perfecto estado).

Co obxectivo de que poidan experimentar por vez primeira as mochilas vibratorias o maior número de xente posible, o Concello distribuirá o tempo de uso en función da cantidade de solicitudes. Unha intérprete de lingua de signos explicará a cada un o correcto uso do aparato. Estos volverán a estar a disposición dos interesados nos demais eventos organizados dende o Concello de Nigrán nos que a sua presenza facilite a accesibilidade.