ALFREDO // Zona cero

O Concello de Tui informa que os veciños afectados pola explosión no barrio do Torre en Paramos o pasado 23 de maio poden solicitar as axudas recollidas no Real Decreto 307/2005, do 18 de marzo, polo que se regulan as subvencións en atención a determinadas necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou de natureza catastrófica.

No Centro de Atención aos Afectados en Guillarei tramitarase aos afectados a solicitude desta axuda que se debe presentar nos modelos normalizados, xunto coa documentación requirida en casa caso, contando cun prazo dun mes dende o día seguinte á catástrofe polo que se deberán cursar antes do 24 de xuño.

Segundo o recollido no artigo 2 a concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, e cando eses sistemas non cubran a totalidade dos danos, estas subvención concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións.

O beneficiarios, segundo o artigo 5 do Real Decreto, poderán ser unidades familiares, persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos mercantís, industriais ou de servizos, comunidades de propietarios e corporacións locais, entre outros.

Recóllense axudas destinadas a paliar danos materiais en vivendas e enseres poderán concederse no caso de destrución total da vivenda, de danos que afecten á estrutura da vivenda habitual, danos menos graves, danos en enseres domésticos de primeira necesidade, entre outros.

Por outra parte contémplase as axudas para destinadas a unidade familiares para paliar danos persoais no caso de falecemento de persoas a causa dos feitos ou situacións da catástrofe. Mentres os establecementos industriais, mercantís e de servizos, poderán acceder a axudas para a reconstrución dos edificios e das instalacións industriais, comerciais, e de servizos que sufriran danos, á reposición de utillaxe, mobiliario ou dos elementos esenciais.

Na concesión destas subvencións terase en conta o nivel de ingresos da unidade familiar.

Os documentos de solicitude poden descargarse na web municipal ou recollerse no Centro de Afectados onde axudarán aos afectados na tramitación destas subvencións.