Este xoves , día 14  de xaneiro, o cineclub Poleiro proxecta a película colombiana “Pájaros de Verano”, baseada nunha historia real, que explica a orixe do narcotráfico en Colombia. Unha fita dirixida por Ciro Guerra e Cristina Gallego.

Sinopse: 

Ambientada nos anos 70, cando a xuventude norteamericana abraza a cultura hippie e a marihuana. Os agricultores da zona convértense en “empresarios” rapidamente. Unha familia indíxena asume o liderado nesta nova empresa. Riqueza e poder combínanse cunha guerra fraticida que ameaza vidas e tradicións ancestrais.

Mellor película no festival de la Habana, nos premios Fénix , nos premios Macondo e nos premios Ariel.

O Cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, da Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do marco do xacobeo 2021.