RUBENS // GES de O Val Miñor en una intervención, (Archivo)

O grupo provincial do Partido Popular propón á Deputación de Pontevedra que asuma o custe que aportan os concellos base para o funcionamento dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), que son Valga, Nigrán, A Guardia, Ponteareas, A Estrada-Lalín e Sanxenxo.

Así o anunciaron esta mañá o voceiro do grupo provincial, Ángel Moldes, e o deputado, Luis Aragunde, durante unha visita ao GES ubicado en Valga, acompañado polo alcalde deste concello, Jose Mª Bello Maneiro.

Moldes explicou que o PP proporá este venres no pleno provincial “algo que xa se está facendo noutras deputacións, como a de Ourense, e que supón librar de cargas aos concellos de menos de 20 mil habitantes”. Os populares destacaron que actualmente os GES están financiados nunha parte importante polos concellos base, cando é un servizo supramunicipal que abarca a varios concellos.

Por iso é tan importante este acordo, porque é fundamental que os recursos que os concellos base están gastando actualmente no mantemento dos GES poidan destinarse a outras partidas, sobre todo porque non é competencia súa. Nos concellos de menos de 20 mil habitantes as competencias de emerxencias recaen directamente sobre a Deputación de Pontevedra”, engadiu Moldes.

Os deputados provinciais confían en que o resto da corporación apoie unanimemente esta proposta, “xa que é unha moción construtiva e totalmente obxectiva. O que temos agora é que os concellos reciben menos apoio económico da Deputación e por riba están pagando servizos que lle corresponden a ela”.

De prosperar a proposta do grupo provincial do PP, a Deputación asumiría os preto de 300.000 euros que actualmente gastan os concellos de A Estrada-Lalín, A Guarda, Nigrán e Valga, así como unha parte dos 550.000 euros que lles custa aos concellos de Ponteareas e Sanxenxo os servizos municipais de emerxencia.

Moldes sinalou que estes grupos de emerxencias teñen un carácter supramunicipal, pero a pesar de que algún concello base si ten regulado mediante ordenanza o custo de cada intervención, os importantes son baixos e insuficientes para cubrir o custe total do servizo.