Contenedores con carga industrial en el municipio de Tomiño
CEDIDA // Contenedores con carga industrial en el municipio de Tomiño.

O Partido Popular de Tomiño ven de presentar as alegacións a nova ordenanza fiscal reguladora da taxa do servizo de recollida de basura, que pretende implantar para o próximo ano o goberno do BNG en Tomiño.

A señora alcaldesa escúsase en afirmar que a taxa leva trece anos sen actualizar; cando leva gobernando case dez anos e tivo nas súas mans levar unha actualización gradual e non machacar desta forma as empresas e o comercio, demostrando un desinterese total da situación empresarial” afirma o voceiro do PP en Tomiño Estaban González.

González califica esta ordenanza de “taxazo abusivo que non ten en conta a situación dunha gran parte das vivendas, locais comerciais e empresas que verán como a taxa a pagar duplicase e nos casos de comercios e empresas pode chegar a pagar o importe actual multiplicado por quince. Algo que para gran parte das empresas é inasumible”.

Unha das medidas que propomos sería que aquelas vivendas sen habitar, como baixos comerciais, almacéns sen actividade a taxa fora incluida no imposto do IBI; xa que non xeran ningún tipo de lixo, esta medida xa existe en cidades españolas” explica.

As bonificacións que pretenden levar adiante nesta taxa son completamente insuficientes, moitas delas sendo coñecedores de que non se van a acceder a elas. Por iso temos que insistir na importancia da reciclaxe, levando a cabo campañas continuas para dar a coñecer a importancia e o aforro que conleva a reciclaxe” matiza González.

Para González Miranda, “é curioso o interese de levar adiante con tanta urxencía esta suba desorbitada da taxa do lixo cando en escasos meses remata o contrato coa empresa Urbaser, sen saber cal será o futuro do servizo de recollida de lixo. Por iso pedimos que non se aprobe definitivamente esta taxa ata que se formalice un novo contrato de recollida de lixo donde vexamos melloras nunha ordenanza que pense nos intereses e melloras no servizo para veciños, empresas e comercio” concluie.