feijóo
Alberto Núñez Feijóo e Paula Bouzós

O presidente do Comité Organizador, José Manuel Dacosta, dá conta dos avais acadados polos dous candidatos á presidencia do PP de Gondomar, cuxo congreso se celebra o sábado no Auditorio de Gondomar.

Unha vez analizados os avais presentados en tempo e forma os candidatos serán dous: Paula Bouzós e Alfonso Mandado.

Paula Bouzós obtivo 166 avais, dos 178 presentados, mentres que Alfonso Mandado conseguiu 93 avais, dos 98 presentados.

Ambos os dous aportaron, polo tanto, a cantidade mínima para concorrer ao congreso que estaba establecida en 60 avais.