A partir do xoves 26 de abril, ás 8.00 horas, péchase o tráfico rodado a R/ Emigrante da vila de Gondomar debido ás obras de mellora para o tráfico pesado.

Por tal motivo, desde a Xefatura da Policía Local establécese un plan de tráfico que define a circulación alternativa a dita rúa pola R/ Pereiras; de tal xeito que se pasará a habilitar provisionalmente dobre sentido de circulación.

Para iso, prohibirase o estacionamento no tramo inferior da R/ Pereiras de acceso á Av. do Conde e no tramo superior de saída cara a Chaín; nos tramos intermedios o estacionamento en batería pasará a ser obrigatoriamente en liña.

As empresas de transporte escolar e de liñas interurbanas de transporte foron informadas persoalmente dende Xefatura.

A Policía Local de Gondomar solicita á veciñanza a súa comprensión, as persoas prexudicadas pregámoslles que desculpen as molestias e aos usuarios destas vías que extremen a súa atención.

O tráfico pola R/ Emigrante está programado abrirse á circulación o luns 30 de abril, a partir das 07.00 horas.