inundación gasolinera viladesuso
ALFREDO

Chega a Pedornes, Oia, a festa coa programación da súa Semana Cultural que organiza a Asociación Cultural “San Mamed” no Centro Cultural da vila.

Este ano celébrase dende o luns 5 hasta o sábado 10 de novembro e alcanza a edición número XXXII. Trátase dun evento de longa raigame e moi agardado, tanto polos veciños de Pedornes como polos que estes días visitan o pobo.

A organización conta coa colaboración e axuda da Asociación Costa dos Castros de Oia e da Asociación de Veciños “A Muruxeira”, esta última tamén de Pedornes. Por outra banda, unha parte do orzamento está cuberto polo Concello de Oia, a Deputación de Pontevedra e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da propia parroquia.

Como en anteriores edicións, o programa abrangue un amplo abano de actividades, case todas aptas para todos os públicos (e abertas á participación de calquera persoa), estando aquelas que comezan ás 17.30 horas, especialmente dirixidas aos máis cativos, mentres que as organizadas a partires das 18:30 ou 19.30 horas, dependendo dos días, sexan tamén do agrado (e conten coa participación) de adolescentes e adultos.

Programa: