PEDRO PUY

O IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) organiza este venres, ás 20:00 horas, ao cuarto e último faladoiro do ciclo “Galicia 2017-2020: presente e futuros”, no que intervirá o voceiro parlamentario do grupo político con representación no Parlamento Galego, Pedro Puy, do Partido Popular.O acto será presentado por Ángel Manuel Rodal (Alcalde de Baiona) e moderará a xornada Xaime Lugilde (Licenciado en Dereito).

O contido da xornada tratará sobre a situación de Galicia 2017-2020 respecto de: Sector primario e secundario, Lingua e Cultura Galega, Demografía, Servizos Sociais, Orzamentos e Galicia no Estado Español.

A xornada desenvolverase na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar.

Este evento será retransmitido en directo por difusión en continuo e poderá seguirse igual e indistintamente dende a web do IEM e Facebook do IEM á hora sinalada coa colaboración de K12 Comunicación.