Dende o Taller de Lectura Feminista da Guarda organizan un evento que consistirá na representación da performance ‘Un violador no teu camiño’.
A performance foi creada polo colectivo feminista chileno “Las Tesis”. Representouse por primeira vez en novembro de 2019 en Santiago de Chile durante unha manifestación en contra da violencia contra as mulleres. O obxectivo é dar visibilidade as desigualdades e violencias que sufren as mulleres de todo o mundo e denunciar a pasividade das autoridades ante esta inxustiza.
A performance levarase a cabo o sábado 18 de xaneiro as 12:00 horas na praza Avelino Vicente da Guarda. Ademais, o sábado 11 ás 17:00 horas, no C.S. Fuscalho da Guarda, farase un ensaio previo.