PRADO SURF ARCHIVO

Vinte persoas usuarias da asociación Vontade de Baixo Miño van estar dende hoxe ata o mércores hospedadas na residencia de tempo libre de Panxón para compartir uns días con actividades de lecer.

Por primeira vez, asistirán a unhas clases teóricas e prácticas de surf na praia de Patos que lles vai impartir a escola Prado Surf este luns e martes.  Ademais do surf, o grupo realizará outras actividades como recorrer o paseo de Monte do Boi de Baiona, asistirán a unha actuación musical ou, para despedir os tres días de campamento, farán unha festa hawaiana onde se encargarán de decorar tanto o local como a vestimenta que levarán para ese día.