PLAY-DOC

Play- Doc amplía a súa influencia e impacto a novos territorios. Hai uns anos Play- Doc e R, o operador de cable en Galicia, puxeron en marcha a Play-Doc TV, unha versión televisiva do festival en forma de plataforma de VOD cuxo obxectivo é achegar ao público, durante os 365 días do ano, un cinema á marxe dos circuítos comerciais dándolle así un maior alcance e visibilidade.

Os responsables do festival así como Francisco Arteche, CEO do Grupo Euskaltel, anunciaron hoxe que Play-Doc TV expándese dando un paso máis, e informaron que a partir de abril será accesible por todo o noroeste peninsular, non só en Galicia a través de R, senón tamén en Asturias, a través de Telecable, e en Euskadi con Euskaltel. 

O Grupo Euskaltel continúa ampliando o seu catálogo de contidos dispoñibles e reforza a súa oferta para os seus clientes de televisión. O operador comezará a emitir en exclusiva Play-Doc TV, a versión televisiva do festival de cinema en formato de plataforma dixital, Vídeo on Demand ( VOD). Os clientes que teñen contratados servizos de televisión co Grupo Euskaltel en Euskadi, Galicia e Asturias terán acceso a Play- Doc TV.

Play- Doc é un dos festivais máis destacados de cinema de non ficción de España, que se celebra anualmente na localidade de Tui e conta con notable repercusión internacional. Preto de 8.000 espectadores acudiron a súa décimo quinta edición. Primeiras retrospectivas en España, estreas, cineastas de culto, novos talentos, e centos de profesionais do sector acudiron a Tui, para participar nunha das edicións máis ambiciosas do festival galego. O certame contou con lendas do cinema como o norteamericano Bruce Weber, ou o pai do cinema filipino, Kidlat Tahimik, e unha sección oficial chea de estreas españolas, así como un gran número de actividades paralelas que converteron á cidade galega no epicentro do cinema de non ficción durante cinco días.

A programación da plataforma Play-Doc TV está baseada principalmente en tres contidos: ‘Nornoroeste’, películas de novos e consagrados cineastas e realizadores procedentes do noroeste peninsular; ‘Musical’, películas e documentais que teñen a música como protagonista; e ‘Ciclo autor’, espazo dedicado a grandes nomes da cinematografía mundial. 

O catálogo de lanzamento de contidos de Play- Doc TV inclúe, entre outros, títulos de cineastas vascos como Leire Apellaniz, Lara Izaguirre, Asier Altuna, Aitor Merino ou Koldo Almandoz, os galegos Oliver Laxe, Eloy Enciso ou Alberto Graza, ou os asturianos Ramón Lluís Bande, Rafa de los Arcos ou Carmen Menendez, baixo a categoría ‘ Nornoroeste’; películas sobre Bob Marley, The Doors e Joy Division, así como filmes protagonizados por Casey Affleck, na sección ‘Musical’; e obras de cineastas como John Cassavetes dentro do contedor ‘Ciclo autor’. A programación irase actualizando mensualmente coa incorporación de novos títulos.