Este domingo día 1 de decembro, é un día bañado de vermello, día no que se revindica a loita contra o VIH/SIDA e a serofobia (estigma e discriminación basado nun medo irracional hacia as persoas con VIH/SIDA).

“Dende os diferentes círculos de Podemos e Esquerda Unida do Val Miñor, queremos visivilizar o noso compromiso coas diferentes loitas sociais, pero especialmente, co día de hoxe, porque é un día que nos demostra a necesidade dunha educación sexual de calidade, que hai que seguir loitando contra a discriminación e a estigmatización”, explican.

É un día no que a xente non sae á Rúa a berrar, pero dende podemos e Esquerda Unida, queremos que as nosas palabras se escoiten coma un berro. Queremos que este tema, aparentemente invisible, deixe de ser un tabú”, indican.

Encender unhas luces vermellas ou colgar uns lazos non basta, por iso, esperamos que os nosos respectivos Concellos, algún día leven a cabo unha campaña efectiva, o propio día 1 de decembro o calquera outro ao longo do ano”, sinalan

“É imprescindible”,
dicen,”traballar dende as escolas a educación sexual e en valores, facendo campañas de concienciación que falen da importancia da realización das probas de ETS/ ITS e do uso dos diferentes métodos barrera”.

“Facemos este comunicado en vista de que moitas veces as nosas propostas non son escotadas nin fortes. Por iso, temos a esperanza de que deste modo, a situación mude”, finalizan dende a formación política.