A portavoz de o PP de A Guarda, Conchi Ortega, agradece o deputado popular Santiago Rodríguez, que aceptase o convite de Acigu para celebrar unha xuntanza de achegamento e contacto directo coa preocupación cidadá, no que puideron coñecer de primeira man os motivos da oposición deste colectivo ás pretensións da Deputación de Pontevedra e do goberno local de realizar unha obra complexa nunha vía neurálxica para a vila sen que se coñeza en profundidade o proxecto e, polo tanto, se poida alegar en tempo e forma.

Os presentes na xuntanza, que tamén agradeceron a presenza do deputado popular, manifestaron a súa inquedanza por unha obra da que aseguran descoñecer os detalles suficientes pese a que se trata dunha vía de acceso ao porto e que ten unha importancia capital, sobre todo no verán, momento no que terán que convivir as obras coa actividade económica que supón nesta época o turismo, esta foi unha das grandes preocupación na reunión, eses 10 meses de obras, na arteria mais importante de a Guarda.

Os afectados consideran que debería establecerse un prazo amplo e canto antes de exposición pública do proxecto a executar coa intención de que se puidera alegar para evitar danos maiores como a supresión de prazas de aparcamento, cambio de dirección, accesos a garaxes e propiedades, etc.

Pola súa parte, Santiago Rodríguez sincerouse cos presentes ao recoñecer que foi unha “auténtica sorpresa” o feito de que o Concello da Guarda “aceptase sen rechistar a imposición dun convenio que obriga a pagar con cargo ás arcas municipais o 30% total do investimento a través dun acordo que hipotecará as arcas municipais ao impoñerlle o pago de 500.000 euros cando o arranxo desta rúa é unha obriga da Deputación como ten feito noutros concellos onde o ente provincial asume o 100% do orzamento do investimento, incluso en rúas municipais como en Pontevedra recentemente mediante un convenio”.

A voceira popular Conchi Ortega, manifestou que nunca puideron achegar ideas, que intentaron ser construtivos, pero que non coñeceron o proxecto ata que estivo acabado e aprobado “preguntamos polo proxecto moitas veces pero incluso no mesmo día que se convocaba o pleno para aprobalo, o Alcalde me dixo que xa me enteraría; Votamos que non a este convenio polo esforzo económico que lle toca soportar a Guarda, pola falta de transparencia co grupo municipal popular, pola falta de información os veciños e colectivos afectados”

Os representantes populares achacan esta decisión á “falla de peso político do goberno da Guarda no bipartito da Deputación e obedece a un pacto entre PSOE e BNG en Pontevedra, ás costas dos veciños e comerciantes do noso municipio coa clara intención de non desairar os compromisos do Plan de Mobilidade do BNG coa intención de realizar futuras peonalizacións. Chegouse a un acordo sen contar coa opinión do pobo, un acordo estritamente político baseado na procura da rendabilidade electoral para ambos os dous partidos.