O Concello do Rosal organiza as probas para a obtención da ESO para maiores de 18 anos do municipio. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 24 de maio e 6 de setembro para as respectivas convocatorias de maio e setembro no IES Indalecio Pérez Tizón en Tui.

Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  • Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  • O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
  1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
  2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no
    segundo cuadrimestre, ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

Os prazos de matrícula serán:

  • Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos (Exame  24 de maio).
  • Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous incluídos. (exame o 6 de setembro).