A Guarda ten preparada unha ampla programación para esta longa fin de semana para celebrar o Días das Letras Galegas, este ano dedicado o escritor Florencio Delgado Gurriarán.
Os actos comezarán o sábado ás 18:00 horas no Auditorio de San Benito, con espectáculo de clown familiar C’est pas possible, co que a artista Marta Iglesias convídanos a comprobar que si é posible saír da rutina.
Xa o martes, Día das Letras, festivo autonómico, ás 12:00 horas na praza do As de Copas, espectáculo de narración oral Florencio Nas Ondas, no que a narradora Raquel Queizás achegaranos a figura do autor homenaxeado.
Para rematar o día festivo volverá ao Auditorio de San Benito o tradicional Festival polas Letras Galegas, que congregará ás 19:00 horas aos principais grupos de baile e música tradicional da localidade para render tributo a Florencio Gurriarán.
Contará coa presenza de Grupo de Baile Xamaraina, Grupo de Pandereteiras Vento Mareiro, Doxe nun ano, A Boalleira, Studio 88, Trebón dos Xidos, Na beira do Miño (CEIP A Sangriña), Anduriñas (CEIP As Solanas), Churumbela e a Agrupación Cultural Guardesa.