ALFREDO // Camión con herbicidas con Glifosato en una carretera de Mougás, Oia. (Archivo)

Dende a concellería de Medio Ambiente do Concello de Gondomar informan que acaban de reclamar a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia que non usen os herbicidas nas beriavías das estradas do municipio xa que son “obsoletas e altamente contaminantes e prexudiciais para a saúde”.

Antonio Araújo, Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente afirma que “dende o pasado luns ata hoxe mesmo, nas dependencias muncipais de Urbanismo e Medio Ambiente vimos recibindo innumerabeis queixas de veciños do noso Concello denunciando o uso masivo de herbicidas (Glisofato) nas beiravías das estradas de propiedade autonómica, coa conseguinte alarma social que isto xera, pois a maiores do perigo que este tipo de substancias teñen para a saúde das persoas e dos animais o Glisofato é canceríxeno”.

O camión encargado de regar as cunetas con este herbicida non repara á hora de “sulfatar” regos de auga, fontes, manaciais, xardíns, hortas, viñedos, que vai encontrando ao seu paso, segundo os propios veciños nos informan, incluso coa grabación de videos que xa circulan polas redes sociais onde se pode ver todo isto ás claras” afirma Araújo.

Por todo isto, o Concelleiro mandou unha queixa a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta de Galicia para que tome as medida pertinentes, e coa máxima urxencia ordee a paralización de semellantes prácticas inconcebibles nunha Administración Pública moderna e do S. XXI.