vial_tui_guarda
FOTO RUBENS // Vial Tui-A Guarda

Nun comunicado de prensa remetido os medios, os Socialistas da Guarda consideran inadmisible que a Xunta de Galicia siga mantendo incomunicado o Baixo Miño ao non aportar tan sequera prazos para o remate da vía de altas prestacións entre A Guarda e Tui, o que demostra a situación de esquecemento a que San Caetano somete a comarca.

Nas propias verbas do Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, onte no Rosal, recoñeceu que aínda non teñen prazos tan sequera para poder aproximar unha data” manifestan dende a formación política.

Antonio Lomba, Alcalde de A Guarda insiste en que seguirá insistindo co resto de concellos para que se comece a traballar: “Isto demostra o escaso interese que o Partido Popular demostra para esta imprescindible infraestrutura da nosa comarca, que obriga a desprazamentos máis conxestionados e inseguros. Parece que non teñen en conta que sen a V.A.P. a comarca segue adoecendo. Votan a favor aquí nos concellos e logo en Santiago deixan morrer nun caixón o proxecto, como eles mesmos recoñecen.”

O grupo do PSdeG no Parlamento de Galicia ven de presentar nos Orzamentos da Comunidade para este 2017, dúas emendas para incluír dotacións no proxecto. A primeira, segundo informan, de 8 millóns de euros para o tramo I e II da V.A.P. e a segunda para o acceso a Areas de 400.000 €. “Ambas botadas atrás polos votos do PP, o que demostra a dobre vara dos conservadores, opoñéndose e negando a maior a gran necesidade que ten a comarca” explican.

Abel Losada, deputado socialista por Pontevedra recoñece que: “non esconden tan sequera o desinterese. Ca negativa de incluír esa emenda, perdemos unha oportunidade máis de rematar ese tramo que conecta mellor a comarca ca cidade referencia que é Vigo. Non só por unha cuestión monetaria senón por comezar a traballar e ter o compromiso da administración autonómica. Os Socialistas xa tiñamos a sensación de que a VAC non era prioridade para a Xunta nesta lexislatura, pero agora xa o pódemos demostrar con feitos, por exemplo, 41 votos en contra nesa votación.”