Exodus: na procura do refuxio
BANDALLO // La exposición Exodus: na procura do refuxio en Nigrán

Este mediodía, mentres a alcaldesa de Tomiño inauguraba oficialmente a mostra fotográfica “Exodus: na procura do refuxio”, integrantes do PSOE de Tomiño repartían entre os asistentes unha copia da moción que o PSOE presentou no seu día para que Tomiño formara parte da Rede de municipios solidarios que acollen a refuxiados, moción que, segundo a portavoz socialista Mónica Hermida, foi rexeitada polo BNG.

Con esta acción informativa” – sinala Hermida, “quixemos poñer sobre a mesa que ante unha traxedia humana como a que hoxe, neste mesmo minuto, están sufrindo criaturas, mulleres e homes, é obscena esta exhibición da política das aparencias, habitual neste Concello. A única mostra de apoio do BNG ás persoas refuxiadas foi fai uns meses un papeliño solidarizándose cos seus sufrimentos, pouco despois de rexeitar a nosa moción para que Tomiño formara parte dos moitos municipios solidarios cuxos actos son algo máis que palabras”, e continúa “e hoxe acollen esta magnífica exposición, fundamental para remover conciencias e motivar a solidariedade da poboación, pero inútil se detrás non hai unha acción municipal positiva e decidida para axudar ás vítimas desta catástrofe”.