Queremos Galego

A plataforma Queremos Galego anima a participar na manifestación e foliada nacional en defensa do galego o próximo 17 de maio en Santiago de Compostela. Sairán autobuses dende A Guarda con paradas no Rosal, Tomiño e Tui e as persoas que o desexen poden anotarse no  teléfono 986 610 465.

Desde Queremos Galego preténdese que nesta mobilización en defensa do noso idioma, o baile e as pandereteiras enchan as rúas de Santiago de Compostela para rematar na Praza do Obradoiro nunha multitudinaria foliada pola lingua.

«Este 17 de maio ten que servir para encarreirar un amplo movemento que obrigue á Xunta de Galiza a reaxir fronte a emerxencia lingüística que estamos a vivir. A forza que amosemos como sociedade estamos seguros que vai ser determinante para variar o rumbo de incumprimentos sistemáticos e de boicot de acordos sobre o idioma no ensino, na administración, na xustiza, na saúde ou na cultura», sinalan desde Queremos Galego.