O Co-mando Ghichas, colectivo de acción e concienciación social no Val Miñor, súmase á campaña «Cousa de Raíces». Porá unha mesa informativa sobre a mesma na que se recollerán sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a Defensa do Bosque autóctono e contra os Incendios Forestais.

«Cousa de Raíces» é unha campaña que xorde por iniciativa do colectivo ecoloxista ADEGA. Está aberta á participación de todas as persoas, entidades e colectivos dispostas a traballar baixo un mesmo obxectivo: «defender o noso bosque a través do seu coñecemento e posta en valor». Preto de 50 entidades, empresas, colectivos culturais, asociacións ecoloxistas e investigador@s sumáronse xa a esta causa, que continúa recollendo apoios.

A mesa informativa estará instalada no parque da Ramallosa, o xoves día 15 de marzo
de 17:00 a 20:00 horas. En caso de choiva, trasladarase á entrada do centro comercial
da Ramallosa, na Rúa Romana Baixa.

O vindeiro mes de xuño remata o prazo para presentar no Parlamento galego un mínimo de 10.000 sinaturas.