Este ano de pandemia, alá polo mes de marzo, o IEM aconsellou non convocar o Premio Victoriano Taibo; pero grazas a xenerosa colaboración dos catorce poetas premiados ao longo destes anos puidemos celebrar este Novembro con Taibo, que estará difundindo, desde as páxinas do IEM,  máis de corenta vídeos coa selecta poesía dos poetas premiadas nas doce convocatorias unida á do mestre miñorán, que dá nome ao premio que os uniu á actividade cultural do Instituto.

Os membros do grupo PUGA (Promoción de Uso do Galego), responsables da xestión desta actividade do IEM, queremos agradecer o seu eficaz traballo que nos permitiu que este ano non quedase silenciada a figura de Victoriano Taibo, mestre e poeta que viviu longos anos nestas terras de Val de Miñor.

No tempo desta celebración, do San Martiño ao Santo André, chegounos a noticia do pasamento do poeta Xosé Manuel Millán Otero, finalista na décima convocatoria do Premio Victoriano Taibo. É por iso, que para finalizar este evento, quixemos que a lectura homenaxeada de dous dos seus poemas puxeran o remate deste especial Novembro con Taibo.

Enlaces: